Páginas web en Lugo

Inspección técnica de Edificios en Lugo

TELÉFONO

685 95 05 01

EMAIL

itelugo@itelugo.net

CONTACTAR

Nombre:*

Teléfono:

Email:

Comentario:*
* obligatorios  

Enlaces de interese:

· Concello de Lugo
· Oficina Virtual do Catastro
· ITE Coruña
· Inspección de Edificios

Como regra xeral a primeira inspección ITE presentarase dentro do ano seguinte a aquel no que o edificio cumpra trinta anos de antigüidade, ou dentro do prazo especificado de seis meses se a persoa propietaria da edificación fose requirida para iso de xeito motivado polo Concello. Os trinta anos compútanse dende a súa construción ou obra de rehabilitación integral. A antigüidade que se terá en conta será a que consta no Censo de edificios exposto durante os meses de abril e maio de 2009 no Taboleiro de Edictos do Concello.

No caso de inmobles sitos no PEPRI, deberán presentar a primeira inspección técnica dentro dos cinco anos seguintes á data na que alcancen dez anos de antigüidade.

Porén, estableceuse un período transitorio para as edificacións que no momento de entrada en vigor da Ordenanza (outubro 2003) tiñan unha antigüidade superior a 30 anos, que terán que efectuar a primeira inspección antes das datas indicadas a continuación:

Antigüidade Data límite de presentación do
INFORME INSPECCIÓN TÉCNICA ITE
Edificios FORA do ámbito PEPRI Anteriores ó ano 1951 31 de decembro de 2010
Entre o ano 1952 e o 1965 31 de decembro de 2011
Entre o ano 1966 e o 1982 31 de decembro de 2012
Ano 1983 e seguintes 31 de decembro do ano seguinte a aquel no que o edificio cumpra 30 anos de antigüidade
Edificios DENTRO do ámbito PEPRI Menos de 10 anos Dentro dos 5 anos seguintes á data na que alcancen 10 anos de antigüidade
Edificios inspeccionados 2005 Durante o ano 2015

As subseguintes inspeccións faranse dentro do ano seguinte a aquel no que transcorresen dez anos dende a anterior inspección.

Non dubide en poñerse en contacto con nós para calquera consulta ou aclaración, ou solicitar presuposto sen ningún compromiso.